Hoteles

Home

Hoteles

Termas de Cuntis  é un dos balnearios con maior tradición de Galicia e convertiuse  nun dos maiores complexos adicados á balneoterapia en España.

Está composto polos Hoteles La Virgen e Castro do Balneario, ambos de catro estrelas, e dun edificio exclusivamente adicado a balneario. Todo o complexo está arrodeado por 50.000 m2 de parques privados que farán da súa estancia connosco unha autentica delicia.

Hotel La Virgen****

Rodeado de amplos xardíns, o Hotel La Virgen luce con solera os perfiles característicos dos pazos galegos seguindo o deseño orixinal de D. Antonio Palacios, se ben foi renovado integramente en 2006 pasando a ser un moderno complexo turístico con conexión directa co Balneario.

Hotel Castro do Balneario****

Casona tradicional galega rehabilitada na que se conservaron todos os seus elementos singulares. Cada unha das súas dezaoito habitacións ten un carácter propio e incorpora todas as comodidades que poida desexar: minibar, caixa forte, conexión a internet, etc…

Tamén podes consultar unha lista con outros aloxamentos.

AS NOSAS INSTALACIÓNS

Descubre o incrible Acquaform

Un circuito lúdico-termal que permite combinar os beneficios terapéuticos das aguas de Cuntis cun auténtico regalo para os sentidos, podendo desfrutar coa familia ou cos amigos da natación, aliviar tensións musculares con chorros e pescozos de cisne, relaxarse acostado nunha cama de masaxe ou eliminar toxinas nas súas distintas saunas.

Consulta as tarifas, os horarios ou fai xa a túa reserva online.

Séguenos en Redes Sociais

Podes seguir toda a actualidade de Termas de Cuntis nos nosos perfiles

EN FACEBOOK

face

EN INSTAGRAM

insta

¡Non perdas nada!

Se queres estar ao tanto das nosas novidades, promocións... suscríbete ao noso newsletter!