Reabrimos o Acquaform

Termas

18 Xuño 2020

Non hai comentarios

Home Servizos Ofertas

¡Volvemos! O Acquaform reabre as súas portas

Abrimos as nosas piscinas. Agardámoste no Acquaform o vindeiro sábado 20 de Xuño.
O horario será:
Luns a xoves de 16:00 a 22:00, venres de 16:00 a 24:00
Sábados 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 24:00
Domingos de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 22:00

 

Termas de Cuntis ven de implementar nas súas instalacións  un Plan de Continxencia fronte ao COVID_19 dacuerdo ás normas e recomendacións das autoridades sanitarias. O noso obxectivo é a protección da saúde e a seguridade de todos os nosos clientes, empregados e persoas que colaboran coas nosas Termas.

Información a ter en conta nesta reapertura:

Aforo Limitado

Co obxectivo de garantizar a distancia mínima de seguridade limitarase o aforo.
Manteña unha distancia de mínimo 1,5 metros con outras personas, salvo que sexan da mesma unidade familiar.

Máscara Obrigatoria

Rogámoslle que acceda con máscara. No seu defecto proporcionaráselle unha no momento de acceso, cuio coste lle será repercutido.

Desinfección

Atopará felpudos con desinfectante habilitados nos accesos á instalación. Tamén deberá colocar as calzas e desinfectar as mans cunha solución hidroalcohólica no momento de acceder ao recinto termal.

Vestiarios

Nos vestiarios poden optar por lavar as mans con auga e xabón ou utilizar a solución hidroalcohólica. Non estarán dispoñibles os secadores de pelo.

Señalización

Existe diversa cartelería e señaléctica á que deben prestar atención e seguir as indicacións que contén. (Marcadores do chan, cómo lavar as mans…)

AS NOSAS INSTALACIÓNS

Descubre o incrible Acquaform

Un circuito lúdico-termal que permite combinar os beneficios terapéuticos das aguas de Cuntis cun auténtico regalo para os sentidos, podendo desfrutar coa familia ou cos amigos da natación, aliviar tensións musculares con chorros e pescozos de cisne, relaxarse acostado nunha cama de masaxe ou eliminar toxinas nas súas distintas saunas.

Consulta as tarifas, os horarios ou fai xa a túa reserva online.

PÓDECHE INTERESAR...

Máis Ofertas e Servizos

¡Volvemos! O Acquaform reabre as súas portas

¡Volvemos! O Acquaform reabre as súas portas

Oferta O Placer dos Sentidos

Oferta O Placer dos Sentidos

Oferta Balneario

Oferta Balneario

Oferta 6 Noites

Oferta 6 Noites

Oferta especial “Acquaform + Tratamento”

Oferta especial “Acquaform + Tratamento”

Oferta para Maiores de 55 anos

Oferta para Maiores de 55 anos

Oferta 2 Noites

Oferta 2 Noites

Séguenos en Redes Sociais

Podes seguir toda a actualidade de Termas de Cuntis nos nosos perfiles

EN FACEBOOK

face

EN INSTAGRAM

insta

¡Non perdas nada!

Se queres estar ao tanto das nosas novidades, promocións... suscríbete ao noso newsletter!