Acquaform

Home

Acquaform

Acquaform

Descubre o incrible Acquaform

 

Un circuito lúdico-termal que permite combinar os beneficios terapéuticos das augas de Cuntis cun auténtico regalo para os sentidos, podendo desfrutar coa familia ou cos amigos da natación, aliviar tensións musculares con chorros e pescozos de cisne, relaxarse acostado nunha cama de masaxe ou eliminar toxinas nas súas distintas saunas.

 

A auga utilizada nas nosas instalacións é 100% mineiro-mediciñal.

 

Tarifas

ADULTOS
1 Pase18,50 €
Nenos
De 4 a 12 anos11 €

No caso de permanecer máis tempo que o que inclúe a entrada , cobrarase un suplemento.

Condicións

 

Os pases serán de 3 horas de permanencia e dan acceso ás piscinas termais tanto exterior coma interior (con zona contracorrente, jets de masaxe en espalda e pes, cascadas, pescozos de cisne, camas de masaxe, jacuzzi,…) e ao VITAL CLUB (sauna finlandesa, jacuzzi, estufas de vapor, cabina de xeo e sala de reposo).

Para acceder ao Acquaform é obligatorio:

  • O uso de gorro de baño
  • O uso de chanclas antideslizantes e pechadas
  • O uso de traxe de baño nas áreas de uso colectivo

Aforo Limitado

Aluguer de Toalla: 2 €

 

Horarios

  • Aberto todos os días.
  • Mañáns de 10:00 a 13:30 hrs.
  • Tardes de Luns a Xoves e Domingo de 16:00 a 21:30 hrs. Venres e Sábado de 16:00 a 00:00 (os nenos só poderán disfrutar das instalacións ata as 20:00 horas os Venres e Sábados)*

O Acquaform permanecerá pechado os últimos luns de cada mes.
A piscina exterior tamén permanecerá pechada unha vez ao mes. Para máis información, contáctenos.

 

Aforo Limitado

Un Paseo Virtual por el Acquaform

Video del Acquaform

Descubre todo o que Termas de Cuntis ofrece

Programas, Tratamentos, Servizos...

parallax-8

Tratamentos Terapéuticos

Neste tipo de programas, as diferentes técnicas están adaptadas e combinadas para cada unha das necesidades personais e cunha finalidade terapéutica, estética e de benestar.

Senda Natural

Tratamentos Lúdicos

O estresante ritmo de vida actual, trouxo consigo unha serie de necesidades para mellorar a nosa saúde e benestar físico e mental. Para elo, propoñémoslle unha serie de programas baseados na hidroterapia..

oferta_balneario

Ofertas Destacadas

Descubra a selección de ofertas que reunimos para vostede combinando distintos servizos e produtos. Para o seu disfrute e para que lle sea máis doado atopar un paquete ou servizo á súa medida.

Historia, as nosas augas, Acquaform...

Toda a Información do Balneario

Séguenos en Redes Sociais

Podes seguir toda a actualidade de Termas de Cuntis nos nosos perfiles

EN FACEBOOK

face

EN INSTAGRAM

insta

¡Non perdas nada!

Se queres estar ao tanto das nosas novidades, promocións... suscríbete ao noso newsletter!